Letra A Frol D'augoa de Luar Na Lubre original
Onde vai nosa señora, Onde vai Santa María? - Vai cara a banda do mar, Vai cara a manda da ría. Que dis a virxe, que dis, Que dis Santa María? - Cal será a meniña, cal Que colla s frol d´augoa fria? - Non será dama nen deuda, Que será a princesa Aldina, A princesa namorada Filla do rei de Galicia Tan feitiña e tan bonita C´aqueles seus ollos craros Do color d´augoa da ría Soio ti, Aldina, serás Quen leve a frol d´augoa fria. Erguete do leito, nena, Ven cara a banda do mar, Qu´anque ti veñas soiña En compaña has de tornar. Erguete do leito, nena, Ven cara a banda da ría, Qu´anque ti soiña veñas Tornarás en compañía. Na torre do real palacio, Anque inda está lonxe o día, Móvense os liños dun leito; Algunha xente se erguía ¡é a princesa! ¡Deul-a garde! Era a moi garrida Aldina Que vai día de San Xoán Catal-a frol d´augoa fria.